A civilización Maia é unha cultura precolombina da zona de América Central estendida polos territorios mexicanos, guatemaltecos, hondureños e salvadoreños. Trátase dunha cultura milenaria con grandes avances no urbanismo, na arquitectura, nas artes, na literatura e na ciencia, comparables ás grandes civilizacións antigas do Vello Mundo. Os maias no fixeron uso do metal ata épocas moi tardías, nin utilizaron a roda como medio de transporte.

Coa conquista española e o posterior xenocidio comezou o seu declive. Aínda así o pobo maia conseguiu sobrevivir ata os noso días, pese a marxinación e o racismo sufrido.

O espazo xeográfico no que se desenvolveu a cultura maia abarca unha ampla zona de máis de 324000 km2; con fronteiras dificilmente determinables. Hai unha distinción tradicional que se fai entre os asentamentos maias, diferenciados por clima e topografía, as Terras Baixas e as Terras Altas. As características de cada un deles influíu nas súas cidades e no modelo urbano que se adaptou.

As Terras Baixas denomínanse así porque a súa altura non supera os 500 m sobre o nivel do mar, cun clima tropical húmido no que rara vez as súas temperaturas son inferiores a 18 ºC. As Terras Altas ou de altiplano son moi distintas, nelas a maioría dos asentamentos se atopan a 1500 m de altitude. O clima é primaveral durante todo o ano, con temperaturas entre 15 e 25 ºC, sendo a época de choiva de maio a outubro. Entre ambas zonas aparecen zonas de transito onde se levantaron importantes cidades como son o caso de Quiriguá ou Copán.

A historia da cultura maia comeza cos primeiros nómades que pasaron por estas terras fai máis de once mil anos. Desde esta época ata o ano 1500 aC considérase o período Arcaico, ao que pertencen as primeiras pegadas de poboadores e actividades humanas en moi diversas zonas, tanto no altiplano coma na costa beliceña. Foi a partires do 2000 aC cando empezaron a asentarse as primeiras comunidades aldeáns na costa do Pacífico, que adoptaron unha tecnoloxía cerámica bastante elaborada.

O período preclásico ou formativo abarca desde o ano 1500 aC ata o 250 aC, con tres subperíodos: Preclásico Temperá (1500-900 aC), Preclásico Medio (900-300 aC) e Preclásico Tardío (300-250 aC). Durante o Preclásico Temperá fóronse establecendo na rexión grupos de fala maia que, pouco a pouco, se converteron en asentamentos permanentes. En todo este proceso influíu o pobo veciño, os olmecas, que nos séculos anteriores desenvolveran un estilo artístico e un conxunto de símbolos que logo se propagarían entre os maias. No Preclásico Medio existe unha ocupación máis xeneralizada da área, e unha homoxeneización da olaría, o que demostra uns fortes vínculos de carácter socio-cultural entre as diferentes zonas. Durante esta época comezaron a levantarse as primeiras arquitecturas pétreas na cidade de Nakbé, situada no corazón da selva do Petén, ou en Kaminaljuyú, con obras de arquitectura pública e de enxeñaría hidráulica. No Preclásico Tardío a autoridade real foi aceptada de forma xeneralizada en toda a  área maia, proceso ligado á representación destes de forma triunfal nos monumentos pétreos xunto a inscrición xeroglíficos. Nesta época leváronse a cabo importantes proxectos en El Mirador e en Nakbé. Durante este período incrementouse a práctica de levar a cabo sacrificios humanos, ligado ao incremento dos conflitos bélicos entre os principais centros rivais dominantes.

O período clásico subdivídese en tres épocas: Clásico Temperá (250 aC-600 dC), Clásico Tardío (600-850 dC) e o Clásico Terminal (850-1000 dC). É o momento de maior esplendor e foi cando aumentou o número de construcións, como é o caso de Tikal. Durante o Clásico Tardío prodúcese a eclosión da civilización Maia das Terras Baixas meridionais, creando cidades como Palenque, Piedras Negras, Nakum, Yaxhá, Copán, Quiriguá. Debido ás guerras e ao esgotamento do solo debido ao seu uso intensivo, empezáronse a abandonar eses centros durante o Clásico Terminal.

O período Posclásico (1000-1500 dC) pódese dividir en dúas épocas: o Posclásico Inicial, ata o ano 1200, e o Tardío que levaría ata a chegada dos españois. Neste período comeza lentamente o ocaso da cultura maia, co abandono das cidades cerimoniais e a dispersión da poboación por todo o territorio. Durante esta época Chichén Itzá e Mayapán, intentan volver ao tradicional sistema político no que convivían os diferentes grupos étnicos.

A conquista española multiplicou a catástrofe, a humillación, o sentimento de derrota, e a destrución do seu mundo material e simbólico. Pese ao deterioro do século XVI, na actualidade hai un número importantísimo de poboacións indíxenas herdeiras das súas tradicións, que manteñen viva a cultura, a lingua e o pensamento dos maias.

A cultura maia contaban cunha concepción do universo semellante a outras culturas da zona na que concibían o cosmos como un espazo ordenado en tres niveis: ceo, terra e inframundo. Estes tres elementos estaban conectados estre si a través do eixo cósmico ou cuarto elemento. Estes elementos foron representados tanto na arquitectura coma nas representacións artísticas mediante complexas composicións simbólicas. Tamén están representados nos códices posclásicos, tales como o Popol Vuh dos k’iché, os Libros de Chilam Balamdos maias yucatecos ou o Memorial de Sololá dos maias Kaqchikeles.

O cosmos, ou mundo ordeado, foi creado na “Praza das tres pedras”, e simbolizada nalgunhas ánforas policromadas trípodes; esta tradición conservouse ata os nosos días, tendo moitos indíxenas tres pedras ou tres ánforas en torno ao lume.

Os elementos principais son a auga, a terra, o lume e o aire. Estes elementos aparecen reflectidos na cruz cósmica que está formada por unha matriz de 3 x 3 e catro elementos que tamén marcan os puntos cardinais. Na cruz coas distintas cores amósanse unhas referencias:

– o verde fai referencia á terra

– o azul ao ceo

– o vermello ao leste, é o lugar por onde sae o sol, fai referencia ao sangue, ao millo vermello e o frijol

– o amarelo ao sur e tamén á cor da pel

– o negro, situado ao oeste, fai referencia á morte e ao descanso e a escuridade

– o branco ao norte, referencia a saída do vento e as nubes; tamén aos dentes e parte dos ollos

Os maias  desenvolveron un sistema de escritura que representaba a linguaxe falada, a través dunha combinación de símbolos fonéticos e ideogramas, contando con 800 símbolos distintos. Ademais das inscricións en pedra, consérvanse unicamente 4 libros anteriores á conquista española, moi poucos, xa que os españois destruíron varios miles.

Xunto coa escritura tamén desenvolveron un sistema matemático vixesimal, derivado de contar cos dedos das mans e as dedas dos pes. Ademais foi a primeira civilización en usar o cero. Para a súa representación utilizaban 3 símbolos: o punto para as unidades, unha barra horizontal para 5 unidades e unha cuncha para o cero. Tamén foron os primeiros en traballar cun sistema posicional, a través dun sistema vertical que ía en función de 20.

Este sistema matemático permitiu aos maias grandes avances no calendario e en descubrimentos astronómicos, con medicións exactas de eclipses e solsticios, ciclos astronómicos,… Os maias utilizaban tres sistemas de calendario diferentes: o tzolkin (calendario sagrado), o haab (calendario civil) e o sistema da Conta Longa. O tzolkin é un ciclo de 260 días, dividido en 13 meses de vinte días cada un (representado por un nahual diferente). O haab, ten 365 días, con 18 meses de 20 días, e 5 días máis que conforman o Uayeb, considerados nefastos. Ambos calendarios conflúen cada 18.980 días. O calendario que os complementan é a Conta Longa, coa que eran capaces de individualizar un día concreto nun período de máis de un millón de días.

Para toda a xente que teme que o no 2012 acaba o mundo como o calendario maia, esto non é verdade. O 21 de decembro de 2012, remata o 12 baqtun, sendo a última unidade admisible destes e culminando un período de 1.872.000 días, volvendo a comezar a conta xa que o primeiro día tomado no calendario maia relacionaba o 0 baqtun e o 13 baqtun. Nos textos mesoamericanos que resistiron ata a nosa época non relacionan o final do 12 baqtun con ningunha convulsión cósmica, así que por eso non os preocupedes que aínda temos tempo para cambiar o mundo.

No próximo artigo intentarei reflexionar sobre a arquitectura maia nos seus templos e construcións.

La civilización Maya es una cultura precolombina de la zona de América Central extendida por los territorios mexicanos, guatemaltecos, hondureños y salvadoreños. Se trata de una cultura milenaria con grandes avances en el urbanismo, en la arquitectura, en las artes, en la literatura y en la ciencia, comparables a las grandes civilizaciones antiguas del Viejo Mundo. Los mayas en el hicieron uso del metal hasta épocas muy tardías, ni utilizaron la rueda como medio de transporte.

Con la conquista española y el posterior genocidio comenzó su declive. Aun así el pueblo maya consiguió sobrevivir hasta los nuestro días, pese a marginación y el racismo sufrido.

El espacio geográfico en el que se desarrolló la cultura maya abarca una amplia zona de más de 324000 km2; con fronteras difícilmente determinables. Hay una distinción tradicional que se hace entre los asentamientos mayas, diferenciados por clima y topografía, las Tierras Bajas y las Tierra Alta. Las características de cada uno de ellos influyó en sus ciudades y en el modelo urbano que se adaptó.

Las Tierras Bajas se denominan así porque su altura no supera los 500 m sobre el nivel del mar, con un clima tropical húmedo en el que rara vez sus temperaturas son inferiores a 18 ºC. Las Tierra Alta o de altiplano son muy distintas, en ellas la mayoría de los asentamientos se encuentran a 1500 m de altitud. El clima es primaveral durante todo el año, con temperaturas entre 15 y 25 ºC, siendo la época de lluvia de mayo a octubre. Entre ambas zonas aparecen zonas de transito donde se levantaron importantes ciudades como son el caso de Quiriguá o Copán.

La historia de la cultura maya comienza con los primeros nómadas que pasaron por estas tierras hace más de once mil años. Desde esta época hasta el año 1500 aC se considera el período Arcaico, al que pertenecen las primeras huellas de pobladores y actividades humanas en muy diversas zonas, tanto en el altiplano como en la costa beliceña. Fue a partir del 2000 aC cuando empezaron a asentarse las primeras comunidades aldeanos en la costa del Pacífico, que adoptaron una tecnología cerámica bastante elaborada.

El período preclásico o formativo abarca desde el año 1500 aC hasta el 250 aC, con tres subperíodos: Preclásico Tempranera (1500-900 aC), Preclásico Medio (900-300 aC) y Preclásico Tardío (300-250 aC). Durante el Preclásico Tempranera se fueron estableciendo en la región grupos de habla maya que, poco a poco, se convirtieron en asentamientos permanentes. En todo este proceso influyó el pueblo vecino, los olmecas, que en los siglos anteriores habían desarrollado un estilo artístico y un conjunto de símbolos que luego se propagarían entre los mayas. En el Preclásico Medio existe una ocupación más generalizada del área, y una homogeneización de la alfarería, lo que demuestra unos fuertes vínculos de carácter socio-cultural entre las diferentes zonas. Durante esta época comenzaron a levantarse las primeras arquitecturas pétreas en la ciudad de Nakbé, situada en el corazón de la selva del Petén, o en Kaminaljuyú, con obras de arquitectura pública y de ingeniería hidráulica. En el Preclásico Tardío la autoridad real fue aceptada de forma generalizada en toda el área maya, proceso ligado a la representación de estos de forma triunfal en los monumentos pétreos junto a la inscripción jeroglíficos. En esta época se llevaron a cabo importantes proyectos en El Mirador y en Nakbé. Durante este período se incrementó la práctica de llevar a cabo sacrificios humanos, ligado al incremento de los conflictos bélicos entre los principales centros rivales dominantes.

El período clásico se subdivide en tres épocas: Clásico Tempranera (250 aC-600 dC), Clásico Tardío (600-850 dC) y el Clásico Terminal (850-1000 dC). Es el momento de mayor esplendor y fue cuando aumentó el número de construcciones, como es el caso de Tikal. Durante el Clásico Tardío se produce la eclosión de la civilización Maya de las Tierras Bajas meridionales, creando ciudades como Palenque, Piedras Negras, Nakum, Yaxhá, Copán, Quiriguá. Debido a las guerras y al agotamiento del solo debido a su uso intensivo, empezaron a abandonarse esos centros durante el Clásico Terminal.

El período Postclásico (1000-1500 dC) puede dividirse en dos épocas: el Postclásico Inicial, hasta el año 1200, y el Tardío que llevaría hasta la llegada de los españoles. En este período comienza lentamente el ocaso de la cultura maya, con el abandono de las ciudades ceremoniales y la dispersión de la población por todo el territorio.
Durante esta época Chichén Itzá y Mayapán, intentan volver al tradicional sistema político en el que convivían los diferentes grupos étnicos.

La conquista española multiplicó la catástrofe, la humillación, el sentimiento de derrota, y la destrucción de su mundo material y simbólico. Pese al deterioro del siglo XVI, en la actualidad hay un número importantísimo de poblaciones indígenas herederas de sus tradiciones, que mantienen viva la cultura, la lengua y el pensamiento de los mayas.

La cultura maya contaban con una concepción del universo semejante a otras culturas de la zona en la que concebían el cosmos como un espacio ordenado en tres niveles: cielo, tierra yinframundo. Estos tres elementos estaban conectados estre sí a través del eje cósmico o cuarto elemento. Estos elementos fueron representados tanto en la arquitectura como en las representaciones artísticas mediante complejas composiciones simbólicas. También están representados en los códices postclásicos, tales como el Popol Vuh de los k’iché, los Libros de Chilam Balamdos mayas yucatecos o el Memorial de Sololáde los mayas Kaqchikeles.

El cosmos, o mundo ordeado, fue creado en la “Plaza de las tres piedras”, y simbolizada en algunas ánforas policromadas trípodes; esta tradición se conservó hasta nuestros días, teniendo muchos indígenas tres piedras o tres ánforas en torno al fuego.

Los elementos principales son el agua, la tierra, el fuego y el aire. Estos elementos aparecen reflejados en la cruz cósmica que está formada por una matriz de 3 x 3 y cuatro elementos que también marcan los puntos cardinales. En la cruz con los distintos colores se muestran unas referencias:
– el verde hace referencia a la tierra

– el azul al cielo

– el rojo al este, es el lugar por donde sale el sol, hace referencia a la sangre, al maíz rojo y el frijol

– el amarillo al sur y también al color de la piel

– el negro, situado al oeste, hace referencia a la muerte y al descanso y la oscuridad

– el blanco al norte, referencia la salida del viento y las nubes; también a los dientes y parte de los ojos

Los mayas desarrollaron un sistema de escritura que representaba el lenguaje hablado, a través de una combinación de símbolos fonéticos e ideogramas, contando con 800 símbolos distintos. Además de las inscripciones en piedra, se conservan únicamente 4 libros anteriores a la conquista española, muy pocos, ya que los españoles destruyeron varios miles.

Junto con la escritura también desarrollaron un sistema matemáticovixesimal, derivado de contar con los dedos de las manos y los dedos del pie de los pes. Además fue a primera civilización en usar el cero. Para su representación utilizaban 3 símbolos: el punto para las unidades, una barra horizontal para 5 unidades y un caparazón para el cero. También fueron los primeros en trabajar con un sistema posicional, a través de un sistema vertical que iba en función de 20.

Este sistema matemático permitió a los mayas grandes avances en el calendario y en descubrimientos astronómicos, con mediciones exactas de eclipses y solsticios, ciclos astronómicos … los mayas utilizaban tres sistemas de calendario diferentes: el tzolkin (calendario sagrado), el haab (calendario civil) y el sistema de la Cuenta Larga. El tzolkin es un ciclo de 260 días, dividido en 13 meses de veinte días cada uno (representado por un nahualdiferente). El haab, tiene 365 días, con 18 meses de 20 días, y 5 días más que conforman el Uayeb, considerados nefastos. Ambos calendarios confluyen cada 18.980 días. El calendario que los complementan es a cuenta Larga, con aquella que eran capaces de individualizar un día concreto en un período de más de un millón de días.

Para toda la gente que teme que el en el 2012 acaba el mundo como el calendario maya, esto no es verdad. El 21 de diciembre de 2012, termina el 12 baqtun, siendo la última unidad admisible de estos y culminando un período de 1.872.000 días, volviendo a comenzar a cuenta ya que el primer día tomado en el calendario maya relacionaba el 0 baqtun y el 13 baqtun. En los textosmesoamericanos que resistieron hasta nuestra época no relacionan el final del 12 baqtun con ninguna convulsión cósmica, así que por eso no preocuparlos que aun tenemos tiempo para cambiar el mundo.

En el próximo artículo intentaré reflexionar sobre la arquitectura maya en sus templos y construcciones.